Fondo cabecera

Actualidade

BANDO - ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE RECEPTORES DA TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A TRAVÉS DA SOLUCIÓN SATELITAL SAT-TDT SAT

ANGEL ENRIQUE MARTINEZ-PUGA LÓPEZ Alcalde-Presidente do Concello de Baleira (Lugo)

INFORMA:

Que no DOGA nº 247 do 26/12/2014 saíu publicada a orde de axudas que cada ano ven sacando a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia para a solicitude de subvencións para a ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE RECEPTORES DA TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A TRAVÉS DA SOLUCIÓN SATELITAL SAT-TDT SAT, para deste xeito todos aqueles habitantes de Baleira que non teñan suficiente cobertura ou a mesma sexa con dificultade nas súas casas, poidan disfrutar dunha recepcion da TDT óptima a través desta liña de axudas.
Para elo e se están interesados en solicitar a axuda de 300 € por vivenda, IVE incluido  que a Secretaría Xeral de Medios concede tan só teñen que chamar ós teléfonos 981544330,  981544234 ou ben no enderezo de Internet http://medios.xunta.es, atoparán toda a información dispoñible que necesiten.
Tamén poden informarse dende as propias dependencias municipais en horario de 8:00 h. a 15:00 h. de luns a venres.
O praza para presentar ditas solicitudes está aberto ata o 31 de agosto do ano en curso.

Baleira, 22 de xaneiro de 2015
O Alcalde

Asdo. Angel Enrique Martinez-Puga López

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info