Fondo cabecera

Santa María de Castro de Rei

Santa Maria de Castro de Rei

A igrexa-convento de Santa María de Castro de Rei é de estilo románico, con aires de austeridade cisterciense e grandes dimensións, en superficie e en altura.

O mosteiro de Castro de Rei estivo suxeito ó de Carracedo (León) e foi de “monxes bieitos” ata que en 1142 Afonso VII o deu á orde do Cister. Os monxes “bernardos” do “ora et labora”, establecidos primeiro no lugar de “O Agro de Abelleira”, trasládanse algún tempo despois á beira do río Loio. Neste lugar hai indicios arquitectónicos que suxiren que a congregación monástica, que nunca debeu ser numerosa, tiña as súas habitacións na parte oposta á entrada principal da igrexa.

O abade de Castro de Rei exercía a xurisdición civil e nomeaba xuíces nos cotos de Castro de Rei, Seixón-Santa Marta, Vilarpape (Bóveda) e Buxán (Saviñao). En 1144 foron doados a Santa María de Castro de Rei: a granxa de Santa Marta de Ribas de Miño (Paradela) e o coto de Seixón (Portomarín). Estes dous territorios, separados polo río Miño abasteceron o mosteiro de viño, de froitas, anguías frescas e salgadas e empanadas de anguías desde o ano 1144 ó 1850. En Castro de Rei había cárcere e o mosteiro “dentro do seu curral” exercía tamén a xurisdición criminal. Tanto Afonso VII, como os seus sucesores no trono de León, Fernando II e Afonso IX, continuaron na protección para con este mosteiro.

Ubicación: 42.712657, -7.573400 42°42'45.6"N 7°34'24.2"W

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es