Fondo cabecera

Regulamentos

Na Administración local non pode definirse separadamente ordenanza e regulamento, pois ambos teñen o mesmo significado. As ordenanzas e regulamentos son normas xerais obrigatorias establecidas polas Entidades Locais no marco das súas competencias e en relación cos intereses públicos que lles están encomendados.

Na nosa lexislación, a Lei de Réxime Local faculta aos Concellos para aprobar Ordenanzas e Regulamentos, e aos Alcaldes a ditar Bandos de aplicación xeral no termo municipal, coa única limitación de que non conteñan preceptos opostos ás leis ou disposicións xerais.

Sen embargo, hai unha certa diferenza entre ordenanzas e regulamentos:

A ordenanza impón determinadas obrigacións á totalidade da veciñanza e ás persoas que transitoriamente se atopen no termo municipal. Pola contra, o regulamento regula servizos de réxime interior, a súa observancia pode ser reclamada polo administrado. Xa que logo, pódese dicir que coa ordenanza a Administración impón, e co regulamento a Administración suxéitase.

Os traballadores municipais están a disposición dos veciños para informarlles con detalle dos regulamentos deste Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es