Fondo cabecera

Na actualidade

na_actualidade

O Concello de Baleira situase no Este da provincia de Lugo. Limita ó Norte co Concello de Pol e Ribeira de Piquín, ó Leste con A Fonsagrada e Navia de Suarna, polo Sur linda con Becerreá e Baralla, e polo Oeste con Pol e Castroverde.

Baleira, cunha extensión de 168 quilómetros cadrados, conta con 1729 habitantes distribuidos en 12 parroquias. Ubicado na Comarca da Fonsagrada, dista 30 kilómetros da capital provincial, ocupando unha posición intermedia entre a meseta lucense e as montañas das Serras Orientais.

En Baleira o relevo é montañoso e accidentado, sendo a altitude media de 682 m, se ben pode alcanza-los 1000 m nas serras máis elevadas, O Mirador, A Vaqueriza e Puñago, límite cos concellos de Pol e Castroverde, o que provoca un contraste marcado entre as serras altas e os vales que integran as terras de Baleira.

Polo que se refire á hidrografía, o municipio é un punto de diverxencia de augas, xa que aí está o nacemento dos ríos Eo e Neira. O Río Neira comenza a súa andadura no lugar de A Fontaneira e o Eo en Fonteo. En ámbolos dous lugares existe unha área de recreo para comenmorar o nacemento destes importantes ríos. Afluentes destes ríos son O Muíña, Cubilledo, Córneas, Pousada e Martín.

En canto ás características climáticas, a situación interior e, sobre todo, a altitude condicionan a influencia oceánica. Así, a temperatura media é baixa , tratándose dun clima frío , dada a súa altitude e situación interior, con numerosas precipitacións, sendo frecuentes en forma de neve no inverno, dando lugar a un clima de montaña. O outono é a estación máis chuviosa, seguida do inverno. Aínda que houbo repoboacións, nas serras orientais, a vexetación natural está bastante ben conservada, sobresaíndo o espazo natural protexido da Fraga da Marronda.

 A principal vía de comunicacións e a C-630 que une A Fonsagrada con Lugo, con acceso directo dende a A-6 Madrid-A Coruña. Outras vías alternativas que conducen a Baleira son pola LU-710 con saída directa desde a A-6 Madrid-Coruña ou dende Asturias ou a costa norte pola N-640 desviándonos en Meira para tomar a estrada local LU-750

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info