Na saída de O Cádavo en dirección a Lugo, na marxe dereita da estrada LU-530, ubícase unha completa área de descanso na que destaca especialmente o singular elemento escultórico que a preside e que é a única peza pertencente ó proxecto que o afamado arquitecto Antonio Gaudí concebiu para o templo da Sagrada Familia de Barcelona, que se atopa fora de dita construcción.
A área recreativa de O Cádavo conta ademáis cunha ampla zona verde, na que foron instaladas mesas, barbacoas e distinto mobiliario urbán.