Fondo cabecera

Area de nacemento do río Neira

rio_neira

Esta área adicada ó nacemento do río Neira, está situada ó sur da aldea da Fontaneira, na estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios.

As augas que dan orixe ó río Neira recóllense nunha fermosa fonte enclavada no lugar da Lameira. Actualmente este punto de interese paixasística e natural foi acondicionado con diverso mobiliario para disfrutar dun medio que, aquí, nos avasalla con paz, tranquilidade e sosego.

Aproveitando a nosa estancia nestas paraxes, nada mellor que achegarnos á Pena do Castro en Vilar dos Adrios para observar detidamente os restos amurallados da primitiva construcción castrexa. Se nos interesa a arquitectura religiosa temos opción de visitar os bos exemplares que a definen, como a Igrexa da Fontaneira e as Capelas de Vilar dos Adrios e Pasada.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info