Esta área adicada ó nacemento do río Neira, está situada ó sur da aldea da Fontaneira, na estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios.
As augas que dan orixe ó río Neira recóllense nunha fermosa fonte enclavada no lugar da Lameira. Actualmente este punto de interese paixasística e natural foi acondicionado con diverso mobiliario para disfrutar dun medio que, aquí, nos avasalla con paz, tranquilidade e sosego.
Aproveitando a nosa estancia nestas paraxes, nada mellor que achegarnos á Pena do Castro en Vilar dos Adrios para observar detidamente os restos amurallados da primitiva construcción castrexa. Se nos interesa a arquitectura religiosa temos opción de visitar os bos exemplares que a definen, como a Igrexa da Fontaneira e as Capelas de Vilar dos Adrios e Pasada.