Fondo cabecera

Area de a Cortevella

cortevella

A beleza natural e a creada polo home xúntanse neste espacio de recreo para regalarnos un dos lugares máis fermosos de Baleira. Situado a 20 km. do Cádavo chégase dende a vía de comunicación local LU-750, tomando na Muíña a estrada de Martín.

Sorprenden pola súa artificiosidade os incribles meandros do Eo, río que debuxa sobre a rocha formas diversas, algunhas tan orixinais como a da Volta , pena á que rodea en case toda a súa totalidade. Na actualidade un paseo rodea á pena permitindo apreciar este curioso prodixio da natureza. Asemade sobre a mesma pena erixíuse un miradoiro dende o que se contempla este capricho do río e as numerosas ouriceiras da zona.

Desde a Area de Cortevella podemos realizar a Ruta da Mina, sendeiro de pequeno percorrido que discurre polas beiras do Eo hasta unha antigua mina de ouro, tamén pasaremos por este fermoso lugar si realizamos a Ruta da Marronda - Alto Eo.

Nas Estrapelas situóuse un acolledor merendeiro, á beira do caudal, que discorre poboado de troitas por diante da Aceña da Cortevella.

Seguindo a corrente fluvial uns metros máis abaixo deleítanos unha pequena fervenza que esvara ondulante entre as oquedades das pedras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info