A beleza natural e a creada polo home xúntanse neste espacio de recreo para regalarnos un dos lugares máis fermosos de Baleira. Situado a 20 km. do Cádavo chégase dende a vía de comunicación local LU-750, tomando na Muíña a estrada de Martín.
Sorprenden pola súa artificiosidade os incribles meandros do Eo, río que debuxa sobre a rocha formas diversas, algunhas tan orixinais como a da Volta , pena á que rodea en case toda a súa totalidade. Na actualidade un paseo rodea á pena permitindo apreciar este curioso prodixio da natureza. Asemade sobre a mesma pena erixíuse un miradoiro dende o que se contempla este capricho do río e as numerosas ouriceiras da zona.
Desde a Area de Cortevella podemos realizar a Ruta da Mina, sendeiro de pequeno percorrido que discurre polas beiras do Eo hasta unha antigua mina de ouro, tamén pasaremos por este fermoso lugar si realizamos a Ruta da Marronda - Alto Eo.
Nas Estrapelas situóuse un acolledor merendeiro, á beira do caudal, que discorre poboado de troitas por diante da Aceña da Cortevella.
Seguindo a corrente fluvial uns metros máis abaixo deleítanos unha pequena fervenza que esvara ondulante entre as oquedades das pedras.