A Fraga da Marronda é un exemplo excepcional de bosque autóctono galego que ocupa unha extensión de 611 Ha. entre as aldeas da Braña, Fórneas, Mendreiras, O Real e Martín. Nunha zona de media montaña, con valores altitudinais comprendidos entre os 450 e 925 m. medra esta vigorosa e atractiva masa natural que destaca pola elevada variedade de especies vexetais e animais que nela habitan.
Incluida na ¿Rede Natura 2000¿, a Marronda ten como principal singularidade a de constituir unha parte do límite sur occidental da faia en Europa, erexíndose coma unha das máis importantes reservas de esta árbore na parte sur occidental do vello continente.
Máis de cento setenta especies de árbores e arbustos conviven en A Marronda. Son protagonistas da diversidade vexetal as faias, os castiñeiros, os carballos, as abeleiras, os acervos, as cancereixos, os salgueiros, os sanguiños, as hedras, os toxos, as xestas, os fentos, os arandos, as silvas, os líquens, os mofos, etc.
Entre os representantes da variedade faunística figuran o xabarín, o corzo, o raposo, a xineta, a donicela, o esquío, o azor, o gabián, a aguia caudal, o corvo, a perdiz, o cuco, a bubela, o morcego, o porco espiño, as formigas, os vagalumes, as lesmas ou os vermes e ácaros do solo forestal.
Esta impresionante fraga é ademais un tesouro paisaxístico e visual que nos regala estampas cambiantes coas estacións. Mentres o verde intenso da clorofila das follas domina todo na primavera e no verán, o amarelo da capa subyacente de pigmentos aparece ó descuberto no outono e o frío penetra nas pólas núas no inverno que amencen brancas cando a neve acada estas latitudes.
En Baleira o turismo verde e o deporte van íntimamente unidos. Aquí pode practicarse o rafting, a escalada, o ciclismo e o sendeirismo entre outros. Podemos disfrutar desta fraga realizando a ¿Ruta da Marronda- Alto Eo¿, que atravesa esta impresionante masa arbórea, outra forma de observar esta fraga é desde a carretera local LU-750, aquí a Fraga precipítase vertical sobre a estrada que transcurre ó longo do río Martín, nun val encaixado e estreito que resulta espectacular de xeito especial cando o sol comenza a esconderse despois de media tarde.