Fondo cabecera

IGREXA DE SANTA M. MAGDALENA DE RETIZÓS

monumentos10

A  igrexa parroquial, hoxe filial de San Miguel da Braña, foi ata o 1891 igrexa matriz. Este edificio religioso dos séculos XVII ou XVIII ten muros de cachotería enfoscada con granito nos esquinais, o tellado de pizarra e campanario dun só van.

A nave, á que se accede por unha porta lateral de medio punto, ábrese, con arco triunfal sobre imposta, á capela mayor, cadrada. A sacristía está adosada ó alzado norte do presbiterio.

Dous pisos e tres vías forman o retábulo mayor do século XVIII, barroco de sartas de frutas e con esculturas de Santa María Magdalena, San Xosé, San Roque, Santo Domingo de Guzmán e un santo en actitude orante do século XVII.
Á dereita un retábulo de estípites do século XVIII ensínanos as esculturas do Rosario, Santa Ana coa Virxe, un santo mártir e outra Virxe vestida, todas do mesmo século có retábulo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info