A igrexa parroquial, hoxe filial de San Miguel da Braña, foi ata o 1891 igrexa matriz. Este edificio religioso dos séculos XVII ou XVIII ten muros de cachotería enfoscada con granito nos esquinais, o tellado de pizarra e campanario dun só van.
A nave, á que se accede por unha porta lateral de medio punto, ábrese, con arco triunfal sobre imposta, á capela mayor, cadrada. A sacristía está adosada ó alzado norte do presbiterio.
Dous pisos e tres vías forman o retábulo mayor do século XVIII, barroco de sartas de frutas e con esculturas de Santa María Magdalena, San Xosé, San Roque, Santo Domingo de Guzmán e un santo en actitude orante do século XVII.
Á dereita un retábulo de estípites do século XVIII ensínanos as esculturas do Rosario, Santa Ana coa Virxe, un santo mártir e outra Virxe vestida, todas do mesmo século có retábulo.