Santa María de Fonteo é unha freguesía anexa da parroquia de Librán.
A igrexa parroquial é un exemplar humilde de tipo rural construída con pizarra do país enfoscada, sillar nos esquinais e campanario dun van sobre a fachada. As cubertas de todas as partes son de madeira e pizarra, a nave a dúas augas, a capela destacada en alzado a catro augas e a sacristía na cabeceira a tres vertentes.
No seu interior o retábulo maior é salomónico popular con esculturas de San Xosé, San Blas e Inmaculada. Un retábulo lateral alberga unha escultura de San Lázaro de arte popular.