Fondo cabecera

IGREXA DE SANTIAGO DE CUBILLEDO

monumentos7

A igrexa parroquial con aparello de pizarra enfoscado nos laterais e cabeceira é, en liñas xerais, posterior ó século XVIII.

O adro, cuadrangular a tres augas, posúe tres arcos de medio punto, un encada fronte, parcialmente tapiado o correspondente ó oeste. A nave con cuberta de madeira e tellado a dúas augas ten unha porta principal e unha lateral alinteladas e campanario de tres vans, dous no corpo inferior e un no superior.

A capela maior a catro augas ábrese con arco triunfal de medio punto sobre muro liso, existindo ós dous lados do mesmo dúas pequenas capelas con arco de medio punto e cuberta a tres vertentes. O retábulo mayor do século XVIII é unha boa obra barroca con imaxes de Santiago cabaleriro, San Antonio, Bon Pastor, e unha Virxe. Da época do retábulo conserva un sagrario de madeira decorado con figuras en relevo de Cristo, Santiago, San Pedro e varios anxos. Nos laterais hai dous retábulos neoclasicistas sen pintar cunha Dolorosa no esquerdo e unha Virxe sen corpo no dereito.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info