Costrucción de planta rectangular e presbiterio de igual forma. Os muros de pedra e a cuberta de lousa sobre madeira, a dúas augas, que descansa sobre dous arcos de medio punto, definen as características constructivas deste templo relixioso que posúe campanario de dous vans e unha porta central e unha lateral adinteladas.
O presbiterio máis elevado e reducido, con arco triunfal de medio punto, dá paso á sacristía na parte posterior.
Barroco sinxelo é o retábulo maior, no que pódense apreciar as esculturas de Santiago ecuestre, San Roque, San Antonio e outras tallas mediocres. O patrimonio desta igrexa compleméntase con outras pezas interesantes: dous cálices de prata do século XVIII, un copón en prata de corpo plano con relevos en follaxe do século XVI e un arcón con dous caixóns e relevos.