Fondo cabecera

IGREXA DE SANTIAGO DE CÓRNEAS

monumentos2

Un dos teixos máis antiguos de Galicia protexe á igrexa parroquial erixida no século XVIII, con pedra enfoscada, sillar para os esquinais e lousa sobre armadura de madeira para unha teitume que cubre a dúas augas as tres naves. Dita teitume descansa sobre arcadas laterais soportadas por pilares que separan a nave central con cinco vigas tirantes das naves laterais.

Na fronte, cun plano algo Sainte no medio, presenta portada con arco de medio punto, inscripción que reza: ¿ Reedificose ano de 1804 siendo cura Don Antonio Piñeiro¿, oco e campanario de dous vans con troneira superior, ademais dun ventanal en cada lateral do templo e un pequeño oco no norte.

Encima dunha das moitas ventás que rodean o templo figura o grabado seguinte: ¿Esta obra se hizo ano 1821¿ mentras que sobre a porta de acceso ó lateral sur podemos ler: ¿Esta parte y las cinco ventanas se hicieron ano 1819¿.

No interior o piso é de madeira e pedra; o coro sitúase ós pés das tres naves, cunha boa balaustrada de madeira. O presbiterio con arco apuntado sobre pilastras saíntes e bóveda apuntada de pedra e revocada con cal á que da luz un ventanal aberto no muro sur. No lateral norte a sacristía e no sur o acceso ó trateiro e camarín do altar da Vires do Rosario na cabeceira da nave.

O retábulo maior, barroco, foi creado en 1783 e dourado en 1785. Ten dous corpos e tres vías con columnas con relevo de rocallas. Posúe esculturas de Santiago peregrino, dous anxos con guitarras ós lados; Ecce Homo con medallóns da Pasión en relevo no contorno do seu fornelo. Un sagrario con dúas columnas lisas, relevos de rocallas e Agnus Dei.

Na nave sur o altar da Nosa Señora do Rosario, pintada e policromada; dobre peaña, a primeira con catro anxos e busto femenino con media lúa, na segunda dous anxos afrontados. É un sinxelo retábulo do ano 1777, con relevos de rocallas e quince medallóns alusivos ós misterios do Rosario. No lateral da nave hai un retábulo de estípites, pintado e dourado, formado por un corpo e ático que posúe un Santo con libro e sen man dereita do século XV, unha Santa tosca e unha cruz de madeira, dous relevos dun Santo con cálice e un diácono no ático. Ademais un sagrario co Agnus Dei e un punzón de 1797.

Na nave norte posúe un altar renacentista do século XVI, dourado e pintado, formado por dous corpos e tres vías, con columnas de estrías helicoidais.

Posúe imaxes de Santa Lucía, policromada do século XV; Vires embarazada con coroa e libro, do século XVI; Santo abade; Santa Catalina e varias tallas da época. Está coroado por un busto do Padre Eterno e medallóns coa cruz de Santiago. Hai ademais un banco con relevos, un sagrario coa face de Cristo e, ós lados, dous frailes mendicantes, policromados; San Pedro, San Pablo e dous obispos. No lateral desta nave un retábulo de estípites constituído por un corpo con tres fornelos e ático con esculturas de San Roque, San Antonio, Santo obispo e un Santo no ático.

Entre outras pretensas da igrexa podemos citar tres cálices de prata do século XVII; cruz parroquial do século XIX; baptisterio elevado sobre tres escalóns con varanda de maderira, ademais dun Cristo e unha Vires con Neno sobre peaña de dous anxos e dragón.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info