A Igrexa ubicada na ladeira dereita do río Martín coroa un outeiro dende o que se pode observar toda a aldea. É un templo espacioso con amplos muros de cachotería de lousa enfoscados.
A nave está cuberta a dúas augas sobre un armazón de madeira en tres planos lonxitudinais amarrados por sete vigas tirantes. Posúe dúas portas adinteladas, unha na fronte e outra no lateral norte. Sobre a fachada erícese suntuoso un campanario dun corpo con dúas troneiras, dúas campás e cimacio cunha troneira. Antes da mesma atópase, protexendo o acceso, o pórtico cuberto a tres vertentes e con tres arcos de medio punto.
O presbiterio, con tellado a catro augas, é máis amplo e alto ca nave e forma un mesmo corpo coa capela da Portería que se esxtende ó lateral sur. Ésta, presenta arco de medio punto, bóveda de canón e dous ventanais laterales. O presbiterio ábrese a nave-cuberto por unha cúpula que parte de toscas pechinas angulares- con arco triunfal de medio punto sobre pilastras e impostas. A sacristía, na parte posterior, ten planta semicircular e cuberta cónica similar a unha ábsida románica.
O retábulo mayor está formado por dúas columnas lisas, tres encasillamentos e un ático superior; ocupa toda a cabeceira e é de carácter neoclásico. Posúe imaxes de Santiago matamouros, cun árabe ós pés do cabalo; de San Antonio, Santa Lucía, Inmaculada; San Roque e San Antonio Abad. Ademais na nave hai tres retábulos con esculturas de San Xoán Bautista, San Francisco de Asís, Santa con espada e dous relevos de Santa Teresa.
A capela da Portería ten un retábulo barroco do século XVIII, formado por un corpo de catro columnas, tres encasillamentos e un ático semicircular decorado. Alberga varias imaxes: unha Vires con Neno, unha Vires con Neno e peaña de tres anxos, dúas tallas de San Xosé con Neno, un San Xosé sen Neno, unha Vires con Neno e coroa de metal e unha Inmaculada pintada no medio do conxunto.