Fondo cabecera

Camiño Primitivo de Santiago

As terras de Baleira teñen un referente histórico no Camiño Primitivo de Santiago. O denominado Camiño Primitivo de Peregrinación a Compostela, foi a primeira Ruta Xacobea que conduxo ó propio Alfonso II O Casto ata a tumba do Apóstolo no primeiro tercio do século IX.

Por terras galegas o camiño percorre os municipios de A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín de Pallares, Friol, Palas de Rei, Toques, Melide, Arzúa, O Pino e Compostela. Baleira é polo tanto o segundo concello do itinerario galego que percorren os peregrinos.

Entra nas terras de Baleira pola Calzada que nos leva a Degolada para ascender unha considerable pendente que o sitúa en A Lastra con dirección á Fontaneira, tramo marcado pola beleza da súa paisaxe que discurre por fragas, soutos, etc. A igrexa parroquial adicada ó Apóstolo e o antigo hospital de peregrinos recíbenos en A Fontaneira

Tras pasar o alto do Trabeiro pódese continuar por un camiño ou bordear a ladeira do “Monte da Matanza”, para retomar a ruta anterior pouco despois na vertical de O Cádavo, onde comenza o descenso ata chegar á capital de Baleira. É neste monte onde unha vella tradición asegura que Alfonso II, O Casto, enfrentouse a un exército islámico, tal e como queda reflexado no escudo Heráldico da antiga casa consistorial de Baleira. O certo é que o monarca astur pasaría por estas terras, camiño de Compostela, entre 820-830 data aproximada do descubremento de Santiago o Maior.

Desde O Cádavo ascéndese pola estrada da Pradeda, deixando a un lado a ermita dos Remedios, chegando ó alto da Vaqueira onde nos adentramos no municipio de Castroverde. Ademáis os peregrinos que desexen pernoctar en Baleira contan cun magnífico albergue, que conta con 22 prazas, considerado como un dos mellores albergues do Camiño de Santiago e referenciado en guías do camiño coma “O Hilton dos Albergues”.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es