Fondo cabecera

Ruta dos Castros

ruta_castros

Este itinerario turístitico permítenos coñecer determinados xacementos arqueológicos perfectamente acondicionados para ser visitados. Son vestigios dos pobos celtas que habitaron a zona norte da Península Ibérica durante a Idade do Ferro. Os seus poblados, moi numerosos, estaban fortificados polo que a esta cultura chamaráselle Cultura dos Castros.

Un dos aspectos máis atractivos dos castros é o da construcción das vivendas que se levantan case sempre sobre rochas para aforrar cimentacións, empregando lousa e granito. Xeralmente ten unha soa habitación, aínda que as veces hai pequenas divisións internas, cun fogar no medio.
Non se fixeron excavacións nos castros de Baleira, polo tanto, os restos das casas non son visibles pois atópanse sepultados.

-Castro de Antiguallas ( Córneas)-

Situado a 19 qm. do Cádavo, sobre unha elevación do terreo dende a que se domina todo o val de Córneas, este castro é un dos máis importantes de Baleira. Consérvanse vestigios de prehistóricas vivendas e na zona é posible contemplar construccións circulares cubertas de palla de evidente herdanza céltica.

-Pena do Castro (Vilar dos Adrios)-

Asentamento castrexo no que se observan as estructuras defensivas, unha serie de murallas e pequenos fosos que rodean unha ampla croa coroada por varias rochas dende as que se divisa o val do río Neira. Está situado na parroquia da Fontaneira a poucos metros da estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios.

-Castro da Degolada-

Componse dunha pequena muralla exterior, un foso e ampla croa que se erixe sobre unha rocha. Coroa unha montaña de certa altitude dende a que se domina case por completo a parroquia de Degolada. Neste castro acháronse importantes vestixios castrexos.

-A Pena dos Mouros (Real de Cubilledo)-

No asentamento da Pena dos Mouros, a 8 qm. da capitalidade municipal, consérvanse restos dunha primitiva construcción, son as cimentacións dun vello edificio de grandes proporcións ó que os do lugar chaman A Casa dos Mouros en alusión directa ó carácter de fortaleza que antano debeu ter.

A parte dos castros citados, en Baleira consérvanse os restos doutros xacementos célticos. Importantes polas súas dimensións son os castros da Pereira (Librán), serie de murallas e fosos que culminan nunca impresionante croa, hoxe poblada de arboredo; O Castro de Valdería, encravado nun outeiro dende onde se domina o Val de Esperela e Pousada; O Castro de Cubilledo, do cal non quedan restos arqueolóxicos xa que riba del foi construída a aldea, e Os Castros de Vilaselle e Retizós.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info