O visitante que se achegue ó Concello de Baleira ten a posibilidade de disfrutar do turismo verde acercándose ás numerosas áreas de recreo habilitadas para tal fin. Ó longo do seu percorrido acercarémonos ó nacemento de ríos tan importantes como o Eo e o Neira, principais axentes modeladores da paisaxe nestas terras.
Area Recreativa de Fonteo, situada a seis km. da capitalidade municipal pola LU-750 que une Cádavo con Meira, é o lugar de nacemento do río Eo, donde baixo os pes dun vello castaño brotan as augas da Serra do Mirador, ademais está acondicionada con mobiliriario para disfrutar de comidas ó aire libre; en Fonteo tamén podemos visitar o Centro de Interpretación do río Eo e da Ruta da Marronda situado ó carón do nacemento do río.
Desde a Área Recreativa de Fonteo, 12,8 km. á Area recreativa da Cortevella e 13,6 á Area recreativa de A Fontaneira.
Área Recreativa de Fontaneira, está situada na carretera que une a LU-530 con Vilar de Adrios, donde as augas que dan orixe ó río Neira se recollen nunha fermosa fonte enclavada no lugar da Lameira. Esta área tamén está dotada de mobiliario que nos permite disfrutar do medio natural que a rodea.
Desde a Área Recreativa da Fontaneira, 13,6 km. á Área recreativa de Fonteo e 25,8 á Área recreativa de A Cortevella.
Se o que queremos buscar é un entorno de incomparable beleza acercarémonos hasta a Area Recreativa de A Cortevella, donde a beleza natural e a creada polo home se xuntan dando lugar a un dos lugares máis fermosos de Baleira. Situada a 20 km. de O Cádavo, accédese desde a LU-750 (O Cádavo-Meira), tomando en A Muiña a estrada a Martín. Neste fermoso lugar o río Eo sorprenderanos cos seus impresionantes meandros que dibuxa ó seu paso, dando lugar a unha espectacular e caprichosa paisaxe fruto dla erosión fluvial. Desde o seu mirador podemos contemplar este capricho da natureza, tamén dispón de merendeiros para pasar un día agradable alrededor do río, e si o que nos gusta é o sendeirismo desde A Cortevella podemos realizar a Ruta da Mina, sendero de pequeno percorrido que discurre polas beiras do Eo hasta unha antigua mina de ouro, ou percorrer o meandro que o río debuxa ó seu paso por este lugar.
Desde a Área Recreativa da Cortevella 12,8 a Área recreativa de Fonteo e 25,8 a Área recreativa de A Fontaneira.
Área Recreativa de O Cádavo, na entrada de O Cádavo, dirección Lugo, na marxe da estrada LU-530 ubícase unha completa área de descanso na que destaca especialmente o singular elemento escultórico que a preside sendo a única peza pertencente o proxecto que o famoso arquitecto Antonio Gaudí concebiu para o templo da Sagrada Familia de Barcelona que se encontra fora de dita construcción.