Fondo cabecera

Ruta das Igrexas

ruta_igrexas

Gran parte das igrexas parroquiais do municipio forman parte deste itinerario turístico que nos permite coñecer parte do patrimonio histórico-artístico do Concello de Baleira.

Todas elas están situadas en lugares de extraordinaria beleza natural e atesouran elementos de diferentes estilos (románico, barroco, neoclásico...) dando conta da riqueza cultural destas terras en tempos pasados. Riqueza que se complementa con abundante número de capelas repartidas de xeito desigual pola nosa xeografía.

San Pedro da Esperela, igrexa románica do século XII, sufriu unha profunda reforma a mediados do século XVIII, dous documentos un do ano 900 e outro do 857 sitúan aquí un mosteiro medieval.

Ubicada na estrada que une O Cádavo coa Fonsagrada atópase a igrexa de Santiago da Fontaneira, construida no século XVIII sobre a capela medieval do Hospital de Peregrinos, situado frente á mesma.

Santiago de Córneas, interesante templo renacentista do século XVI con sucesivas reformas según consta en varias inscripcións situadas no mesmo.

Ubicada na ladeira dereita do río Martín atópase a igrexa de Santiago de Martín.
Instalada ó lado do Camiño Real de Castela a Mondoñedo atópase a igrexa de San Miguel da Braña, protexida por un cruceiro esta igrexa anterior o século XVIII, ten a súa orixe nunha capela do século XI.

A igrexa de Santiago de Cubilledo con aparello de pizarra enfoscada nos laterais e cabeceira é en liñas xerais posterior ó século XVIII.

Outras igrexas a visitar nesta ruta son a igrexa de Santa Mariña de Librán , interesante templo que conserva elementos de reminiscencia románica, Santa María de Fonteo, San Xoan da Lastra , Santa María Magdelena de Retizós e a igrexa de San Lorenzo de Pousada considerada como a nai da capitalidade do municipio.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baleira
Concello de Baleira
Avenida Doctor Escobar s/n – 27130 Baleira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 35 40 59
E-mail: info@concellobaleira.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info