E para min unha honra presentarlles este sitio web no que qeremos plasmar unha mostra de toda a riqueza do noso municipio, a súa historia, o seu enorme legado artístico, as súas paisaxes, así coma toda unha serie de lugares que foron acondicionados para o disfrute do ocio e o tempo libre, todo esto concentrado nestas páxinas que poden despertar en quen as vexa un interese por descubrir novos lugares cheos de encanto e beleza que o sumerxirán nun medio natural totalmente alleo á acción do home.
A web de Baleira é o escaparate do que este Concello de montaña concentra no seu interior, o que como alcalde deste pobo, e en nome de tódolos veciños ós que represento lles dou a benvida á casa desexándolles que a estancia en terras de Baleira lles sexa do seu agrado.